Xoán Curiel. Finalista - XVI Premios Opinión da Música de Raíz (Mellor Álbum e Mellor Canción)

Por primeira vez, Xoán Curiel está nominado aos Premios Opinión de Música de Raíz e por partida dobre: Mellor Álbum e Mellor Canción. A entrega dos galardóns, terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o vindeiro día 12 de Maio.

Produción galego-cubana Maimiño (Meñique)

Xoán Curiel participa na produción galego-cubana Maimiño (Meñique), cantando cancións de Silvio Rodríguez e poñendo así a voz cantada ao protagonista da película.

Xoán interpreta neste filme as cancións Maimiño e Hachibaldo compostas polo cantautor cubano. Se te apetece cantar este tema, deixámoste aquí o vídeo da canción "Maimiño" interpretada por Xoán coa letra da mesma en galego: Ver video

Xoán Curiel presenta o seu novo traballo discográfico

Ecuacións é o novo traballo de Xoán Curiel. Cun formato musical sen percusión e con bases electrónicas. Trátase dun disco cálido, lírico, doce e tamén cun matiz experimental.

Foi gravado dun xeito analóxico directamente nun magnetofón, como se facía antes de existir ordenadores para editar o son. O resultado é un disco coa naturalidade dun directo e tamén coa calidez da gravación e a mestura analóxicas.

¡Aquí está a nosa nova web!

¡A nueva web de Xoán Curiel xa esta aquí!. Estilos renovados, novas funcionalidades, unha completa galería sobre o artista... ¡Non esquezas dar unha ollada completa!.

Poderás escoitar algúns dos seus momentos musicais mentres navegas pola web e, se quedas con ganas de máis, pásate polo apartado de discografía para acceder a tódalas súas cancións a través de Spotify.

Xoán Curiel actúa xunto ao cantautor Javier Álvarez

Xoán Curiel comparte escenario no Auditorio da Ramallosa en Teo con Javier Álvarez. Xoán presentará os seus temas e Javier Álvarez cantará as súas cancións e éxitos que o levaron a ser un dos mais recoñecidos artistas da súa xeración.

Viernes 20 de Maio - 21:30h
Auditorio da Ramallosa
(Entrada libre)

Xira Brasileira e Portuguesa

Xoán Curiel tocará nas cidades de Sao Paulo, Fortaleza e Lisboa nesta xira que terá lugar a finais de Outubro.

01/11 Gravación en São Paulo co violeiro Julio Santín.
04/11 Concerto na Universidade de Fortaleza.
07/11 Concerto no Teatro do Centro Cultural BNB.
08/11 Concerto en São Paulo - Espazo Bela Vista.
11/11 Concerto en Lisboa - Espazo Bentos Martins.

Xira Arxentina co cantautor vasco Joseba Gotzon

Xoán Curiel viaxa a Arxentina co cantautor vasco Joseba Gotzon nunha xira que os levará ás seguintes cidades:

26/04 Centro Vasco de Rosario
29/04 Centro Galego (B. Aires)
30/04 Centro Galego de Rosario
01/05 Centro Galego de Santa Fe
02/05 Teatro Municipal Rafael Aguiar (San Nicolás)
03/05 Teatro "Tres de Febrero" (Paraná)

Xoán Curiel - Mellor Álbum en Língua Galega nos

O disco Magnético Zen, de Xoán Curiel, foi distinguido co premio ao mellor álbum en galego nos V Premios da Música Independente.

Estes premios de ámbito estatal, foron entregados no Teatro Alcalá de Madrid pola Unión Fonográfica Independiente, entidade constituída hai xa unha década para representar a produción fonográfica diante das institucións e organismos de todo o mundo.