Xoán Curiel nace en Fonsagrada, na montaña de Lugo, a noite de San Xoán do ano 1975.
No 1998 trasládase a Santiago de Compostela, onde desenvolve a súa carreira como actor, músico e cantante. Fórmase en teatro, teatro musical e outras disciplinas escénicas en Santiago, Barcelona e Madrid, mentres vai desenvolvendo a súa carreira como compositor.
Durante sete anos traballa en diferentes compañías teatrais como actor, cantante, músico e bailarín, ata que grava o seu primeiro disco Nai no ano 2009. Un disco que dará como resultado as súas primeiras xiras que o levarán polo extranxeiro (Brasil, Portugal, Arxentina, Italia ou Francia entre outros).
Co ano 2011 presenta o seu segundo álbum Magnético Zen, co que gaña o premio a Mejor Álbum en Lengua Gallega, dentro da V Edición de los Premios de la Música Independiente. Poucos anos despois presenta o seu terceiro disco Estamos no verán!!!, un libro-disco infantil nomeado tamén nos VI Premios de la Música Independiente. Cara o ano 2015 ten a oportunidade de gravar a súa voz na película galego-cubana Maimiño, coas cancións que Silvio Rodríguez crea para dito film coincidindo co nomeamento na categoría de Canción de Autor nos II Premios Martín Códax da Música Galega.
Ecuacións, o seu cuarto disco nado en 2016, trátase dun disco experimental gravado nos estudos da Radio Galega en Santiago de Compostela co enxeñeiro de son Toño Vazquez e tamén en Sao Paulo (Brasil) co violeiro Julio Santín. O resultado son seis temas moi líricos, con aires intimistas e bases electrónicas; un resultado musicalmente moi diferente a outros traballos anteriores incidindo no interese do autor en mudar de pel constantemente. Realiza unha xira polo norte de Italia durante dúas semanas actuando en Milán, Como e Brunate (Festival Internacional de Poesía Alda Merini, Teatro Blu de Milán, Parque do Faro de Brunate…).
Ao longo destes anos, Xoán participa en diferentes espectáculos e festivais principalmente ligados á lusofonía e á música de autor. E as súas cancións téñense traducido e cantado en lingua castelá, en portugués (de Portugal e de Brasil), en alemán e en Inglés (dos EEUU).
Nomeado na categoría de Canción de Autor nos II e III Premios Martín Códax da Música Galega
Premiado nos VI Premios Martín Códax da Música Galega
Nomeado como Mellor Artista nos Premios Opinión da Música de Raíz (2020 e 2017)
PREMIOS E NOMEACIÓNS
Mejor Álbum en Lengua Gallega dentro dos V Premios de la Música Independiente
Nomeado a Mejor Álbum en Lengua Gallega nos VI Premios de la Música Independiente
Nomeado nos Premios aRitmar Galiza e Portugal (2017 e 2019)
Premiado nos XVI Premios Frei Martín Sarmiento
XIRAS E FESTIVAIS
Internacional
Italia – Roma (Galleria Nazionale d’Arte Moderna), Perugia (Sala Dei Notari), Cantú (Teatro S.Teodoro), Como (Festival Internacional de Poesía Alda Merini)
Francia – París Semana Cultural Galega de París, Xardíns do Trocadero
Portugal: Azores Fringe Festival – Illas Azores, Lisboa (Teatro D. María), Ciclo Portugal-Galicia: Escenarios para un Encontro, Festival Andantcas
Arxentina: Encontros culturais nos Centros Galegos de Bos Aires, Santa Fe, San Nicolás
Brasil: Co violeiro de Sao Paulo Julio Santín
EEUU. California: Santa Cruz, San Francisco e Santa Fe
Estatal
Bilbao: Festival Cantando a Marrodán xunto con figuras da música de autor vasca e catalana como Joseba Gotzon, Nico Etxart, Gontzal Mendibil ou Josep Teró.
Girona: Festival de Teatro de Tárrega
Xira espectáculo CoraSons (Galicia e Portugal)
Xira con Javier Álvarez (2017, 2021)
Xira espectáculo Sons Miúdos
Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré
Festival da Luz
Festival Noroeste Pop Rock
Atlantic Fest