Treides comigo alén! no Mosteiro de San Salvador de Bergondo
Abril 19, 2026
Mosteiro de San Salvador de Bergondo
https://maps.app.goo.gl/G6Wwt4KGAp4hHp7i8

O vindeiro Domingo Xoán Curiel e a súa banda actuarán no Mosteiro de San Salvador de Bergondo nos actos de celebración dos 900 anos de historia deste mosteiro. O concerto será ás 18h e a entrada é gratuíta ata completar aforo.

No Treides comigo alén!, Xoán Curiel e a banda que o acompaña, cantarán temas do disco Treides comigo! (2020) e tamén novos temas xurdidos nas xiras posteriores á presentación deste disco.

As músicas e músicos que acompañan a Xoán son:

Iria Estévez – voz

Bea López – clarinete

Bleuenn Le Friec – harpa clásica

Carlos Freire – percusión

Alex Salgueiro – flauta traveseira