Ao encontro de Martin Códax
| Agosto 15, 2020 | |
| Baños de Molgas | |
| Igrexa de Almoite |
Un espectáculo-percorrido cantado e explicativo polo Pergamiño Vindel e as 7 cantigas de Martín Códax (e outros trovadores galego-portugueses). Interpretaremos as cantigas coa súa notación musical orixinal e tamén faremos unha nova reinterpretación das mesmas. Asimesmo contaremos a historia deste pergamiño e curiosidades das cantigas.