Presentación do proxecto Treides comigo!
Abril 17, 2021
5:30 p.m.
Vigo
Museo do Mar
Temos a sorte de albergar o primeiro concerto da xira de presentación do proxecto “Treides Comigo” de Xoán Curiel e a súa banda.
Traballo que pon en valor as cantigas medievais galegas cunha ollada contemporánea, realizado ao amparo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021
Non o podedes perder!!
📆 CANDO: 17 de abril 2021
⏰ HORA: 17:30 h
🪑 ONDE: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo
💰 GRATIS. Con RESERVA PREVIA
📍 COMO RESERVAR 📍
Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:
– Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
– N.º de teléfono:
– Nº de entradas que reserva (máximo 3):
– Nome das persoas acompañantes:
OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar ao concerto O museo enviará esta confirmación uns días antes do concerto