Presentación do proxecto Treides comigo!
Setembro 20, 2020
Santiago de Compostela
Salón Teatro

Xoán Curiel e Iris Gey levan ao Salón Teatro de Compostela un espectáculo baseado en cantigas medievais do período trobadoresco. Este concerto, no que se acompañan do percusionista Carlos Freire, é un anticipo do que vai ser o novo disco de Xoán Curiel, que verá a luz a finais deste 2020.
Entrada Gratuíta (2h antes previa retirada no despacho de billetes do Salón Teatro). 60 localidades.

**Este concerto forma parte das accións do plan de Reactivación nos sectores turístico e culturalda Consellería de Culturae Turismo fronte aos efectos da COVID19, para a creación do FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 2021**