Participación neste disco da ONG Implicadas no Desenvolvemento, que traballa en proxectos con mulleres principalmente da India. A canción Lévame de Volta foi creada para a ocasión a partir dunha letra da poeta etíope Mihret Kebede. Nesta canción participa tamén coa súa trompeta o músico Manuel Paino.